Lecer educativo

A filosofía de Oxígeno foi sempre conxugar o lecer co educativo. Pero, que é lecer educativo? para nós unha boa definición sería "aprender xogando". É por isto que no noso equipo de profesionais deseñamos todas as nosas actividades con ese principio.

Mentres antes dicíase "a letra con sangue entra" en Oxígeno preferimos dicir "a letra con xogo entra".

O educativo non ten porque ser aburrido e senón compróbao connosco.

Pasalo ben

O segundo principio de Oxígeno é pasalo ben. Os participantes deben pasalo ben, os espectadores deben pasalo ben e os profesionais de Oxígeno pásano ben co que fan, por iso fano ben.


Sorisos seguros

Porque a diversión non está rifada coa seguridade, preocupámonos moito da seguridade dos participantes. Por iso o noso persoal está formado e titulado segundo establece a lei, coñecen as normas de actuación, usamos materiais seguros e homologados e dispomos de seguros.

En Oxígeno tomamos nas nosas actividades todas as medidas técnicas e humanas para garantir a seguridade dos participantes.

ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis