Neste Xacobeo 2010 queremos estar contigo e ofrecerche as mellores actividades e eventos.
O equipo de Oxígeno Gestión é especialista na realización de actividades no Camiño de Santiago nas súas diferentes rutas: Camiño Francés, Camiño do Norte, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño Inglés, Camiño Finisterre - Muxía e Ruta Marítima. Tamén realizamos trazados propios desde o teu lugar de orixe.
Acompañámosche no camiño xa sexa andando, en bicicleta de montaña, dacabalo ou en veleiro. Temos experiencia na realización de grandes actividades de máis de 350 persoas.
Encargámonos da organización, loxística, acompañamento e asistencia no camiño. E si necesítalo enchemos de experiencias e actividades a túa peregrinación para que sexa aínda máis especial.Damos soporte técnico, persoal e material ás peregrinacións de empresas, entidades, organizacións, asociacións e outros colectivos.
Estas son algunhas das nosas propostas. Senón atopas o que buscas consúltanos.
TARIFAS ESPECIAIS para Centro Educativos, Colexios, Empresas, Asociacións e Colexios Profesionais.
Un día no camiñoCambia un día calquera por un día no camiño, coñéceche ti mesmo e coñece aos teus compañeiros de peregrinación e feixe novos amigos. |
|
Fin de semana no camiñoGoza da peregrinación ao teu ritmo, porque o importante é vivir o camiño |
|
Romaría popular do peregrino
A romaría terá música tradicional, xogos para nenos e maiores, e por suposto, unha comida ao aire libre onde probar os pratos que non poden faltar en calquera romaría como empanada, pementos de Padrón, carne ou caldeiro, torta de Santiago ou viño do Ribeiro. |
|
O camiño en veleiro
Descobre a forma menos coñecida de realizar o Camiño de Santiago, a Ruta Marítima. En veleiro farás a ruta que fixeron no Século I os discípulos de Santiago co seu corpo até a Catedral. Na navegación por unha paisaxe de gran beleza veremos as bateas de mexillóns da Ría de Arousa, o voo dos corvos mariños, as Torres do Oeste de Catoira, a vía crucis marítimo na desembocadura do Ulla. Desde Pontecesures chegaremos andando até Santiago, pasando por lugares emblemáticos como Padrón. Terra da famosa escritora Rosalía de Castro e dos tan coñecidos pementos. Unha experiencia única. |
|
Guía Iacobus
|
|














